Todas as propostas teñen que ser presentadas a través desta páxina ("Formulario" en "Envío de propostas"). O formulario está aberto entre o 28 de outubro e o 15 de decembro de 2025.
No formulario das propostas de comunicacións e de pósters debe incluírse o nome do autor ou autora de contacto e, no seu caso, do resto de coautoras/es. Os resumos das comunicacións e dos pósters deben conter os obxectivos, a metodoloxía e os resultados agardados ou obtidos e deben estar totalmente anonimizados. A extensión máxima do resumo é de 300 palabras, excluída a bibliografía.
As propostas de panel deben ser enviadas polas persoas que os coordinan. No formulario debe indicarse o nome da persoa coordinadora e dos restantes participantes, así como o título do panel. Na caixa de texto debe incluírse o resumo xeral do panel e o título e resumo de cada unha das comunicacións (precedidos de Resumo xeral, Título e resumo 1, Título e resumo 2 etc.). Os resumos das comunicacións deben conter os obxectivos, a metodoloxía e os resultados agardados ou obtidos e o resumo xeral debe explicar o fío condutor do panel, é dicir, o que une as comunicacións entre si e o que achega o conxunto á temática xeral do congreso. Todos os resumos deben estar totalmente anonimizados. A extensión máxima de cada un deles é de 300 palabras, excluída a bibliografía.
Unha vez enviada a proposta, chegará ao correo electrónico que se proporcione no formulario unha mensaxe coas claves de acceso que permitirán entrar na plataforma, facer o seguimento do envío e mesmo modificar a proposta mentres non sexa enviada a avaliación. Para iso, cómpre entrar en "Autoras/es", baixo "Acceso de usuarias/os", coas claves proporcionadas. Se non chega unha mensaxe con estas claves, cómpre revisar a caixa do correo lixo.